Política de privacidade

Desde ROSALÍA GARCÍA TRABADA comprometémonos contigo a traballar continuamente para garantir a privacidade no tratamento dos teus datos persoais, e para ofrecerche en cada momento a información máis completa e clara que poidamos. Suxerímoslle que lea esta sección atentamente antes de proporcionarnos os seus datos persoais.
Se ten menos de catorce anos, non nos proporcione os seus datos sen o consentimento dos seus pais ou titores legais.

No marco da relación de prestación de servizos no ámbito da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, do Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da mesma, así como no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais, polo que se deroga a directiva 95/46/CE (a partir de agora, RGPD), da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (a partir de agora, LSSI-CE) e da Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais ROSALÍA GARCÍA TRABADA garante a protección e confidencialidade dos datos persoais, de calquera tipo que nos proporcionen as nosas/ os nosos clientas/es, de acordo co disposto no Regulamento Xeral de Protección de Datos de Carácter Persoal.

A Política de Protección de Datos de ROSALÍA GARCÍA TRABADA descansa no principio de responsabilidade proactiva, segundo o cal a responsable do tratamento é responsable do cumprimento do marco normativo e xurispridencial, sendo capaz de demostralo ante as autoridades de control correspondentes.

Os datos facilitados serán tratados nos termos establecidos no RGPD, neste sentido ROSALÍA GARCÍA TRABADA adoptou os niveis de protección que legalmente se esixen, e instalou todas as medidas técnicas ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado por terceiros, expostos a continuación. Non obstante, a/o usuaria/o debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.

 1. Responsable do tratamento

  • Denominación: ROSALÍA GARCÍA TRABADA
  • CIF: 33998007-M
  • Enderezo: Avinguda Meridiana, 08026, Barcelona
  • Teléfono: 620276362
  • Correo electrónico: info@rosalia-gt.com

  

2. Finalidade do tratamento

Todos os datos facilitados polas nosas/polos nosos clientas/es e/ou visitantes na web de ROSALÍA GARCÍA TRABADA ou ao seu persoal, serán incluídos en rexistro de actividades de tratamento de datos de carácter persoal, creado e mantido baixo a responsabilidade de ROSALÍA GARCÍA TRABADA, imprescindibles para prestar os servizos solicitados polas/polos usuarias/usuarios, ou para resolver as dúbidas ou cuestións formuladas polas/polos nosas/nosos clientas/es e/ou visitantes. A nosa política é non elaborar perfís sobre as/os usuarias/os dos nosos servizos.

3. Lexitimidade do tratamento

a) Relación contractual. É a que aplica cando compras un dos nosos produtos ou contratas algún dos nosos servizos.

b) Interese lexítimo. Para atender ás consultas e reclamacións que nos formules e para xestionar o cobro das cantidades debidas.

c)  O teu consentimento. Se es usuaria/o da nosa web, marcando la casa que figura no formulario de contacto, autorízasnos a que che remitamos as comunicacións necesarias para dar resposta á consulta ou solicitude de información requirida.

4. Destinatarias/os

Non cedemos os teus datos persoais a ninguén, a excepción daquelas entidades públicas ou privadas ás cales esteamos obrigadas a facilitar os teus datos persoais con motivo do cumprimento dalgunha lei. Por poñer un exemplo, a Lei Tributaria obriga a facilitar á Axencia Tributaria determinada información sobre operacións económicas que superen unha determinada cantidade.

No caso de que, á marxe dos supostos comentados, necesitemos dar a coñecer a túa información persoal a outras entidades, solicitarémosche previamente o teu permiso a través de opcións claras que che permitirán decidir a este respecto.

5. Comunicación

Non realizaremos transferencias internacionais dos teus datos persoais para ningunha das finalidades indicadas.

6. Conservación

Só conservaremos os teus datos persoais durante o tempo que resulte necesario para lograr os fins para os que foron solicitados. Á hora de determinar o oportuno período de conservación, examinamos os riscos que omplica o tratamento, así como as nosas obrigas contractuais, legais e normativas, as políticas internas de conservación de datos e os noso intereses de negocio lexítimos descritos no presente Aviso de Privacidade e Política de Cookies.

Neste sentido, ROSALÍA GARCÍA TRABADA conservará os datos persoais unha vez terminada a súa relación contigo, debidamente bloqueados, durante o prazo de prescrición das accións que puidesen derivarse da relación mantida co a/o interesada/o.

Unha vez bloqueados, os teus datos resultarán inaccesibles para ROSALÍA GARCÍA TRABADA e non serán tratados excepto para a súa posta a disposición das Administracións públicas, Xuízas/Xuíces e Tribunais; para a atención das posibles responsabilidades nacidas dos tratamentos así como para o exercicio e defensa de reclamacións ante a Axencia Española de Protección de Datos.

7. Seguridade

Empregamos todos os esforzos razoables para manter a confidencialidade da información persoal que se trate nos nosos sistemas. Mantemos estritos niveis de seguridade para protexer os datos de carácter persoal que procesamos fronte a perdas fortuítas a a accesos, tratamentos ou revelacións non autorizadas, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza e os riscos a que están expostos os datos. Non obstante, non podemos responsabilizarnos do uso que ti fagas dos datos (incluíndo usuaria/o e contrasinal) que utilices na nosa web. O noso persoal sigue estritas normas de privacidade e no caso de que contratemos a terceiras/os para prestar servizos de soporte, esixímoslles que acaten as mesmas normas e que nos permitan auditar o seu traballo para verificar o seu cumprimento.

8. Os teus dereitos

Informámoste de que poderás exercer os seguintes dereitos:

  1. Dereito de acceso aos teus datos persoais, para saber cales están sendo obxecto de tratamento e as operacións de tratamento levadas a cabo con eles.
  2. Dereito de rectificación de calquera dato persoal inexacto.
  3. Dereito de supresión dos teus datos persoais, cando isto sexa posible (por exemplo, por imperativo legal).
  4. Dereito de limitación do tratamento dos teus datos persoais cando a exactitude, a legalidade ou a necesidade do tratamento dos datos resulte dubidosa, en cuxo caso, poderemos conservalos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
  5. Dereito de oposición ao tratamento dos teus datos persoais, cando a base legal que nos habilite para o tratamento das indicadas sexa o noso interese lexítimo. ROSALÍA GARCÍA TRABADA deixará de tratar os teus datos agás que teña un interese lexítimo ou sexa necesario para a defensa de reclamacións.
  6. Dereito á portabilidade dos teus datos, cando a base legal que nos habilite para o seu tratamento sexa a existencia dunha relación contractual ou o seu consentimento.
  7. Dereito a revocar o consentimento outorgado a ROSALÍA GARCÍA TRABADA.

Para exercitar os teus dereitos, podes facelo de xeito gratuíto e en calquera momento, contactando con nós a través do correo electrónico info@rosalia-gt.com e anexando unha copia do teu DNI/NIE/Pasaporte.

9. Tutela de dereitos

En caso de que entendas que os teus dereitos foron desatendidos pola nosa entidade, podes formular unha reclamación na Axencia Española de Protección de Datos, a través dalgún dos medios seguintes:

  • Sede electrónica: https://www.aepd.es
  • Correo postal: Axencia Española de Protección de Datos, C/ Jorge Juan, 6, 28001, Madrid
  • Teléfono: 901.100.099 y 912.663.517

Formular unha reclamación na Axencia Española de Protección de Datos non implica ningún custo e non é necesaria a asistencia de avogacía nin procuración.

10. Actualizacións

 ROSALÍA GARCÍA TRABADA resérvase o dereito a modificar a presente política para adaptala a novidades lexislativas ou de xurisprudencia que poidan afectar o cumprimento da mesma.